domingo, 6 de mayo de 2012

06-05-2012

Diante da carroza víase un escudo pintado cos principais elementos do escudo de Mondoñedo

Os maios en Mondoñedo. ano 1936

)
 
Os maios en Mondoñedo. ano 1936

Este ano correu a organización dos “Maios” a cargo da Rondalla “El Eco” dirixida polo popular perruqueiro da Fonte Vella, Manuel Ledo, “O Pallarego”.                

A carroza deste ano foi construída polo carpinteiro Ricardo Otero, coñecido na comarca de Mondoñedo polo nome de “O Pinto” e ía adornada con mirto, ramas de Pravia, copos de neve e outras flores, en un “chasis”.                 

Esta representaba unha gran Margarita, en cuxo centro aparecía o Maio, en traxe de Rei e ós lados e diante víanse dez nenas  co antigo traxe deste val, levando na man dereita un fermoso ramo de flores.                 

Diante da carroza víase un escudo pintado cos principais elementos do escudo de Mondoñedo, o seu cáliz coa hostia encima e tres cruces a cada lado.                 

Fixo de Maio o neno Antoniño Castro e as nenas que o acompañaban eran: Vilma Leivas, Carmencita Salgueiro, Aurorita Redruello, Esther Otero, Ileana Otero, Lourdes Paz, Priscila Castro, Carmencita Sandamil e Esperancita Seco.                 

Coa carroza ían corenta nenos  que formaban o coro infantil da rondalla, tocados con monteiras, despois o resto dos nenos do povo e numerosas persoas maiores.                 
A comparsa organizouse no patio da casa de Luaces, nunha  de cuxas dependencias se construíu a carroza.                 

A comparsa saíu as catro da tarde, precedida do gaiteiro das Casas Novas, percorrendo todas as rúas e prazas  da cidade, chegando o barrio de San Lázaro.                 
Neste maio colaboraron os mozos poetas, Álvaro Cunqueiro e Xosé Díaz Xácome con unas fermosas composicións.               

De Álvaro Cunqueiro son: “Romanciño de Don Mayo” e “Regueifa de todo o tempo”. A de Xácome titulase: “Cantiga de Don Mayo”.               

“Cantiga de Don Mayo” e “Romanciño de Don Mayo” foron cantadas polo coro de nenos.             

A “Cantiga de Don Mayo” dí:   
No tambor de lúa     
tocan as estrelas     
Anuncian gozosas     
visperas de festa.     
Por ledos camiños o     
Adianta Don Mayo     
Trai nos verdes ollos     
Brincos de páxaros.     
Verbas de namoro     
lle dicen as fontes     
aromas e soños     
lle ofrecen as froles.     
No bico do vento     
ven chegar aviña     
Don Abril prestoulle     
Azas de anduriña.       

E “ Regueifa de todo o tempo”.    
“En feira de mil colores     
a gaita andaba a brincar     
Maio bailaba con todas     
garrido  do bon bailar”.       

Todos os meses do ano     
envexa lle teñen ben     
Iles nin bailan nen ríen     
Que a palma Don Maio a tén.                 

O Maio anunciouse por medio de grandes carteis orixinais, colocados en distintos escaparates, e feitos pola man do mozo Ramón Prieto, membro da Rondalla. Tamén se imprimiron unhas follas, nas cales se publicaron varias poesías entre elas as que se cantaron.               

Ademais do Maio do “Eco” houbo o Maio tradicional, organizado e dirixido por nenos. Vestíronse no Río do Sixto, ó lado do bosque de Silva, con ramas de Pravia e flores e como premio recolleron moitas castañas, noces e algunhas “perras”.               

Este Maio para animar os veciños a darlles agasallos, cantaban as seguintes coplas:       

“ Dianos as mayolas     
Señor Capitán     
Dianos as mayolas     
D’a hucha d’o pan     
Levántate, Mayo     
Que tanto dormiche;     
Xa pasou o burro.     
E ti non-o viches. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario