jueves, 15 de diciembre de 2011


Cando o gato mira de esguello

Ninguén tiña a Gaspar Soutullo de Batitalas e Combarro por home de bo siso. Algúns dicían que certas quenturas sufridas cando neno lle deixaran como espetada entre as cellas unha eiva que lle privaba rexer ben; outros eran do parecer de que a fonte dos seus males viña de máis atrás, do mesmo nacemento, cando á parteira da Senra lle esborrexera o meniño e esnafrara contra o chan do dormitorio do pazo da Rúa Nova; e el mesmo, Gaspar Soutullo de Batitalas e Combarro, consciente ata certo punto da súa excentricidade, entendía que co aquel do seu nome non se podía ser doutra lei. Aínda así, se nalgunha cousa uns e outros estaban de acordo, era en que un algueiro se lle atravesara nos miolos e non lle deixaba caletrar de xeito.
Xe Freyre (Mondoñedo, 1962) é autor de traballos de investigación histórica, mormente relacionados con Mondoñedo, literaria e de promoción turística. Colaborador habitual na prensa galega, os seus traballos (artigos, reportaxes, entrevistas, críticas…) están esparexidos por numerosos xornais e revistas do país. Abordou tamén o guión documental. No tocante á creación literaria, ten publicado relatos e unha novela breve. Cando o gato mira de esguello foi a súa primeira novela longa.
Cando o gato mira de esguello
Xe Freyre
978-84-15166-28-3
312 páxinas
Edición impresa 18 €

No hay comentarios:

Publicar un comentario