jueves, 14 de julio de 2011

Curiosidade cunqueiriana

O amigo e colega crítico Luís Alonso Girgado faime chegar un tarxetón nupcial dun seu parente imprentado a propósito dunha voda celebrada en Olivenza, Badaxoz. Ata aí, todo ben adoito.
O singular do caso aparece cando un descobre que o tarxetón, repartido entre os asistentes ao enlace, reproduce integramente unha extraordinaria peza xornalística de don Álvaro Cunqueiro titulada “El multiplicador de arroz”, que narra, xaora, un curioso sucedido que tivo lugar na localidade estremeña na que se festexou o casamento. Velaí:
*
*
*
*
*
*
*
*
*
*
*

Mostra de devoción literaria e, sobre todo,  exemplo de que se se quere é posible que a boa escrita nos acompañe en moi significados momentos das nosas vidas, este fermoso tarxetón é, a un tempo, marabilla ensaística e delicado agasallo que moito presta ler e ver.

No hay comentarios:

Publicar un comentario