miércoles, 8 de junio de 2011


Lembranzas I (Mondoñedo, sede de un campeonato de España) de Zalo García,




LEMBRANZAS I (MONDOÑEDO, SEDE DE UN CAMPEONATO DE ESPAÑA)

de Zalo García, el Sábado, 07 de mayo de 2011 a las 0:43
Aló a finais da década dos setenta, apareceu voando po los ceos mindonienses unha grande cometa amarela, baixo a que se divisaba unha silueta humana, este home, era o polifacético lucense Ulises Sarry que descubriu no noso monte Padornelo un lugar idóneo para a práctica do Ala Delta (Vuelo libre ou Voo Ceibe, como lle queirades chamar), tras varios días de voos de este persoaxe, comenzaron a chegar o cumio do monte outros afecionados a este deporte, provenintes de distintos lugares da xeografía española.
Unha das anécdotas que recordo foi un simpático amigo que se atopaba na barbería de Manolo (sita por entón na antigua rúa Oswaldo Codina, hoxe pza. Do Concello) e a xente desprazábase o átrio da igrexa nova a ve-los homes-paxaro, barbeiro incluído e este amigo para alí foi coa capa do barbeiro posta, canso de agardar a que Manolo voltase a rematarlle o corte de pelo.
Pouquiño a pouco e gracias a inestimable colaboración de Ulises, o noso monte Padornelo deuse a coñecer entre todos os grandes campeóns de este deporte, e aló po lo ano 1980 a federación española de este deporte, concedeulle a Mondoñedo a organización de unha proba valedeira para o campeonato de España, coincidindo ademais que era a derradeira proba do calendario de ese ano, o cual suporía que o título se decidiría na nosa cidade.
Foi unha semá enteira a que durou o evento, chegaron competidores de todos os lugares de España e incluso participantes que viñan de outros países, e todas as tardes concurrían na zona de aterraxe (campo de fútbol) centos e centos de curiosos,
Pero sen dúbida foi a noite do sábado anterior o último día do campeonato na que a zona se atopou ateigada de mindonienses e achegados de todos os puntos da mariña.
Lembro perfectamente esa noite, que Mondoñedo respiraba un ambiente totalmente festivo, de feito houbo unha verbena que amenizou aquela inolvidable orquesta “Los Mejoranos” do valadouro. Nese ambiente festivo se celebrou unha saída de moitos participantes dende o monte que levaban consigo varias bengalas que iban encendendo o largo do seu voo; O espectáculo era inesquencible ata que a fatalidade fixo que unha de esas bengalas fose a caer todavía prendida nun bosque de San Carlos que deu comenzo a un pequeno pero espectacular incendio que provocou a suspensión da proba e case que da verbena, pois moitos fumos os voluntarios que nos achegamos ao lume para colaborar nas labouras da sua extinción.
Pero anécdotas aparte, o que quixen destacar con este relato foi a grandísima semana que tivemos o placer de disfrutar todos os mindonienses e foráneos coa presencia de todos aqueles artistas do aire en todas as modalidades que competían: resistencia, precisión na aterraxe, círculos no aire sobre puntos da terra, cross country (modalidade na que sairon todos o mesmo tempo) etc...
Por suposto non quixera rematar esta lembranza sin evocar a figura de dous dos “culpables” (a marxe do citado Ulises Sarry) de que a organización do evento fose posible, e refírome ao desaparecido Xesús Lombardía e a Guillermo Rubal, por suposto que houbo moitos de esos persoaxes “anónimos” que sempre se volcan con todo tipo de actos nos que Mondoñedo resalta a sua grandeza e dende aquí quérolles recoñecer tamén o seu mérito.
A esta historia totalmente verídica seguro que moitos mindonienses poderían amplia-la, carezo de moitos datos agora mesmo e limítome a relatarvos o vivido por mín mesmo naquel evento no que eu era un adolescente mais encantado de que Mondoñedo conseguise ser a sede de unha proba puntuable para o campeonato de España de Voo Ceibe (Ala delta, Vuelo libre, ou como lle queirades chamar).


GONZALO GARCIA  "ZALO"

No hay comentarios:

Publicar un comentario