martes, 7 de junio de 2011

ANTONIO REIGOSA






Naceu en Zoñán, Mondoñedo, en 1958 e vive en Lugo, onde traballa no Museo Provincial como responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística da Deputación. Ademais de escritor é investigador e divulgador da mitoloxía popular e da literatura de tradición oral. Cofundador do Grupo de Investigación Etnográfica Chaira e creador da enciclopedia virtual Galicia Encantada (www.galiciaencantada.com). Creador e coordinador das “Polafías”, un proxecto da AELG para documentar e divulgar literatura oral.

"Nacín en Zoñán, Mondoñedo, o 15 de agosto de 1958. Alí, sendo neno, tratei cos mouros do castro veciño, aprendín a coñecer os encantos que sementaban a néboa no curuto da Pena da Roca e, anque nunca o conseguín, intentei moitas veces botar a rolos polo mundo abaixo unha grande rocha que se mantén en extraño equilibrio chamada Pena Morcán. Destas e doutras experiencias da miña infancia venme, creo eu, a miña querencia pola fantasía popular."

É coautor con X. Miranda e X. R. Cuba de obras de referencia como Dicionario dos seres míticos galegos (1999), Contos colorados.Narracións eróticas da tradición oral (2001), Pequena mitoloxía de Galicia (2001) e dos 20 tomos da colección de contos de tradición oral Cabalo Buligán (1998-2004). Con Xosé Miranda escribir Cando os animais falaban. Cen historias daquel tempo (2002), Arrepíos e outros medos (2004) e A flor da auga (2006).
Autor prolífico no campo da narrativa infantil e xuvenil con títulos como Memorias dun raposo (Premio Merlín, 1998), Resalgario (Premio Raíña Lupa, 2001), Bacoriño (2004), A noite dos pesadelos (2006), A escola de Briador (2006), O polimacho e outras criaturas (2008), Os dous irmáns e outros contos populares do antigo Exipto (2008), Lu e Go pola muralla (2010) e do álbum Guía ilustrada da Galicia invisible de inminente publicación.

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario